![](https://oficinadelperegrino.com/wp-content/uploads/2020/07/Captura-de-pantalla-2020-07-16-a-las-16.10.52.png)
26 May Colaboración da Xunta de Galicia co Centro de Acollida ao Peregrino
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, colabora coa Oficina de Acollida ao Peregrino, co obxectivo de mellorar a atención e os servizos que se ofrecen no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela. Neste edificio, ademais de recibir a Compostela, os peregrinos contan con amplos espazos de agarda e descanso. Tamén dispón dunha Oficina de Información e é sede da Cátedra do Camiño de Santiago.
Desta forma, Turismo de Galicia coopera no desenvolvemento das actividades que se promoven dende a Catedral de Santiago encamiñadas a acompañar e acoller ao peregrino que chega a Compostela, co emprego de non só recursos materiais, senón tamén humanos.